
— O conselleiro de Ciencia participa neste evento e pon en valor o talento, traballo e esforzo de Galicia para avanzar en ciencia e tecnoloxía
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, intervén na presentación do panel de inversores para amosar o apoio as start-ups galegas
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na inauguración de Ecosystems 2030, “un evento que nos brinda a oportunidade de achegarnos a referentes científicos a nivel internacional e, tamén, poñer en valor o talento, traballo e esforzo que facemos en Galicia para avanzar no eido da ciencia e tecnoloxía e consolidar a I+G+i, a nosa marca Galicia”, sinalou.
O representante do Goberno galego fixo fincapé en que este posicionamento internacional permitirá captar talento investigador de excelencia e recursos de primeiro nivel para Galicia, “un reto no que xa temos avanzado moito pero no que queremos comprometidos a mellorar”. Precisamente, estas liñas son dous dos obxectivos prioritarios do Plan galego de investigación e innovación 2025-27, que pon “sobre a mesa a importancia de trasladar ao mercado e á sociedade todos os avances científicos para que os nosos sectores produtivos poidan evolucionar”, engadiu Román Rodríguez.
No marco deste evento, que leva por título Formando o futuro, a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo tamén participa no panel de inversores Ecosystems 2030 para remarcar o compromiso da Xunta co apoio ao emprendemento científico-tecnolóxico, non só na súa fase inicial, senón ao longo de todo o proceso de maduración do proxecto. A directora sinala como exemplo deste apoio o programa Ignicia, que ten permitido a creación de 11 startups galegas; Neotec, que leva apoiadas 28 empresas de base tecnolóxica de recente creación, e novas liñas que se porán en marcha, baseados no modelo Venture Building.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.