
O Concello de Neda prepara, un ano máis, para pouco antes do Nadal a xa tradicional excursión a Portugal. Esta viaxe sociocomunitaria, cunha duración dunha única xornada, desenvolverase o 17 de decembro, e incluirá a visita á Valença do Minho, fronte a Tui, onde ademais da feira as persoas participantes poderán desfrutar do enclave turístico e comercial da Fortaleza. O luns 6 de outubro abrirase a inscrición.
Trátase dunha iniciativa coa que a veciñanza terá a oportunidade de coñecer esta vila raiana, de descubrir unha das grandes fortificacións do país veciño e, como non, de facer as típicas compras nas súas tradicionais tendas. Sairase da Casa do Concello (ás 8:00 horas) e regresarase ás 21:30 horas.
Haberá que anotarse nas oficinas de Servizos Sociais da Casa Consistorial. As prazas para a excursión son limitadas e asignaranse por orde de inscrición. O prezo da actividade é de 20 euros, e non inclúe o xantar.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.