Friday 03 de October de 2025

O Concello reclama á Xunta a reparación inmediata dun muro do colexio Juana de Vega


O Concello de Oleiros remitiu á Consellería de Educación un informe técnico para reclamar a inmediata reparación dun muro do colexio Juana de Vega de Nós, que presenta risco de caída. É necesario e urxente actuar para eliminar o importante risco de derrubamento e caída de material, tendo en conta, sobre todo, que a situación empeorará coa chegada de chuvias e temporais.

Para evitar riscos, a zona afectada por posibles derrubamentos ou desprendementos de material do muro deteriorado foi balizada para impedir o paso. Iso implica unha limitación do uso do recinto, afectando ao horto escolar e a unha parte da zona de xogos.

Deja un comentario