Friday 03 de October de 2025

Patrimonio autoriza as obras para ensanchar a DP0810 á altura de Villa Julia e dá vía libre á Deputación para que execute a obra


A presión veciñal e o traballo de Alternativa dos Veciños a nivel municipal e na Deputación logran desbloquear a situación

O presidente da Deputación calcula que a obra podería estarse executando en xuño do ano que ven. O cal poñería fin a décadas de demandas veciñais e suporía acabar con un punto negro da nosa rede viaria.

Patrimonio da Xunta ven de autorizar a ocupación dos terreos necesarios de Villa Julia para poder levar a cabo o ensanchamento da estrada provincial DP0810 en San Paio (Guísamo) nun punto negro onde se producen constantes atascos de tráfico, como o do camión do pasado luns, e accidentes, algún deles mortal, como o dun ciclista. Por fin Patrimonio reconsidera unha protección incomprensible e por fin a Deputación actuou ante un asunto tan grave, demorado durante anos.

Por outra parte, o presidente da Deputación vén de comprometerse a estudar opcións que velen pola seguridade viaria no estreito túnel que pasa por debaixo da AP9 uns metros máis arriba deste punto negro.

Dende Alternativa dos Veciños de Bergondo queremos manifestar a nosa enorme satisfacción por estre grande avance e felicitar á veciñanza de San Paio polas décadas de loita sobre este asunto.

Deja un comentario