Friday 10 de October de 2025

Fabiola García pon en valor o investimento de 430.000 euros na mellora das Escolas Infantís de Rede Autonómica da provincia da Coruña


A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que dos 2M€ que a Xunta destinou en toda Galicia á remodelación e creación de novos espazos para os nenos, 200.000 foron na cidade herculina

A Xunta de Galicia investiu este verán preto de 430.000 euros en obras de mellora dos recursos de educación infantil da rede pública autonómica na provincia da Coruña. Así o sinalou a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, na visita á escola para nenos e nenas de 0 a 3 anos do Ventorrillo, na que se remodelaron dúas aulas.

A conselleira lembrou que a Xunta acometeu durante o verán obras de mellora nas súas escolas infantís cun investimento de dous millóns de euros en toda Galicia. Nesta liña, recalcou que só na cidade da Coruña, o importe destinado a estas actuacións foi de 200.000 euros. Grazas a estas obras e remodelacións, o Executivo galego pon a disposición das familias novos espazos para a atención e coidado dos nenos e nenas.

Ademais, durante esta visita, Fabiola García subliñou que Galicia é a única comunidade na que a educación infantil 0-3 é totalmente gratuíta para as familias. Unha medida pioneira impulsada pola Xunta e que xa beneficia a máis de 32.000 familias cun investimento de máis de 65M€ de fondos propios. Deste xeito, lembrou que “a nosa comunidade conta coa maior ratio de escolarización na etapa infantil” e avanzou que “o obxectivo é que este curso 2025-2026 volvamos ser líderes a nivel nacional”.

Deja un comentario