Friday 22 de November de 2024

Exposición de obras de Castelao para conmemorar o Día das Artes Galegas


Hoxe venres 1 de abril conmemórase o Día das Artes Galegas, que este ano está dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Con tal motivo, entre hoxe e o vindeiro día 15 estase a exhibir na Biblioteca Municipal unha pequena escolma das obras do autor rianxeiro, formada por 30 dos 55 libros que esta dependencia ten nos seus fondos.

Tamén están a disposición dos interesados outros textos en torno á figura de Castelao, entre eles, dous de Xoán Fernández Callón, quen colaborou co Servizo Municipal de Normalización Lingüística e a Biblioteca na montaxe desta exposición.