Saturday 11 de October de 2025

Ángela Viciosa, vencedora dunha Carreira da Muller que reuniu a máis de 8.000 participantes na Coruña


A organización entrou 90.000 euros á Asociación Española Contra o Cancro

A Carreira da Muller volve ser multitudinaria na Coruña, nunha edición, a celebrada hoxe, na que se deron cita nas rúas máis de 8.000 participantes. A cidade volveu ser unha das sedes nacionais desta proba cun percorrido de 6,3 quilómetros polo paseo marítimo que partiu de Riazor para chegar ata a Torre de Hércules.

Os fondos recadados servirán para seguir loitando contra o cancro, promover a investigación en materia preventiva e, en paralelo, reivindicar os dereitos das mulleres contra a discapacidade.

As rúas volveron tinguirse da xa clásica cor rosa da camiseta da proba, na que xusto antes da saída, redeuse unha merecida homenaxe á coruñesa Julia Benedetti, olímpica galega en skateboarding nos Xogos de Tokyo e de París. A gañadora da proba este ano foi Ángela Viciosa, seguida no podio por Alicia Álvarez e Lara Solsona.

Dentro das iniciativas solidarias da proba, figuran os 50 dorsais totalmente solidarios a favor da favor de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia), unha entidade que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade, e coa que a organización da carreira leva colaborando directamente varios anos. Na sección +Solidarias este ano na Coruña destácase a Bolboretas Coruña Dragon Boat, unha asociación deportiva e cultural sen ánimo de lucro, formada integramente por persoas que padeceron ou padecen cancro de mama e sen límite de idade e que practican a modalidade deportiva de Dragon Boat, que axuda a minimizar e mellorar as secuelas tanto físicas (a máis frecuente o linfedema), como psicolóxicas que quedan tras as cirurxías e tratamentos.

En 2025 o obxectivo desta proba segue sendo difundir a práctica do running e do exercicio aeróbico entre as mulleres de todas as idades, loitar contra o cancro, recadar fondos para promover a súa investigación e concienciar sobre a importancia da súa prevención anticipada, así como combater a violencia de xénero (todas as participantes locen o dorsal 016, teléfono de atención ás vítimas de violencia machista) e as desigualdades sociais e educativas que sofren as mulleres en todos os ámbitos.

A organización fai unha achega á Asociación Española Contra o Cancro de 90.000 euros, e tamén de 1.000€ a Wanawake Muller, que loita contra a mutilación xenital feminina e outras formas de violencia cara ás mulleres; Fundación GEICAM, líderes en investigación en cancro de mama; e a Asociación Clara Campoamor que defende os dereitos da muller en todos os ámbitos.

Deja un comentario