
Entre o 3 e o 5 de outubro haberá xornadas de portas abertas, visitas nocturnas, acceso ao laboratorio e ata sesión vermú con O Acorde Secreto
O Concello celebra a vindeira fin de semana o 57 aniversario do Museo Arqueolóxico, unha efeméride que contará cunha ampla programación cultural que se estenderá desde o venres 3 ata o domingo 5 de outubro. “O Museo Arqueolóxico é un referente non só en Galicia, senón no ámbito nacional, e un exemplo do coidado do noso patrimonio. Por iso desde o Goberno de Inés Rey promovemos que todo os coruñeses e coruñesas se acheguen a coñecer o noso museos e poidan gozar nel dunha ampla programación cultural”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Venres 3 de outubro
Ás 18.30 haberá unha conferencia coa Asociación de Amigos sobre Pedra Cuberta, a cargo dos arqueólogos Lino Gorgoso e Fernando Carrera, que exporán os resultados das súas investigacións sobre o dolmen.
Ás 20.30 a Asociación Ío organiza no Castro de Elviña a Noite Internacional da Observación da Lúa, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Sábado 4 de outuburo
Haberá xornada de portas abertas no Arqueolóxico, con visitas guiadas previa inscrición (no teléfono 981 189 850) ás 12,00, 18.00 e 21.00 horas. Ademais o museo abrirá en horario nocturno ata as 24.00 horas.
Tamén se organizan talleres infantís ás 12.00 horas e ás 17.00 horas, e para adultos ás 19.00 horas. No caso dos infantís a primeira actividade consistirá no acceso á sala de investigación do museo, manipulando réplicas para coñecer o traballo dos arqueólogos (https://ticketing.coruna.gal/arq/ArqueoLab/). O segundo versará sobra arquitectura defensiva a través do coñecemento do propio Castelo de San Antón (https://ticketing.coruna.gal/arq/Arquitectura/) . No caso do taller de adultos ensinaranse os procesos de laboratorio que se empregan para a restauración e conservación de pezas (https://ticketing.coruna.gal/arq/LabAdultos/). En todos eles é precisa a inscrición previa nos enlaces facilitados.
Domingo 5 de outubro
Finalmente o domingo ás 12.00 horas haberá unha visita guiada polo museo e ás 13.00 horas unha sesión vermú no patio de armas cun concerto de O Acorde Secreto.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.