Friday 10 de October de 2025

Marta Álvarez pide que o Concello contribúa “de forma constante” á sensibilización da importancia da doazón de sangue e medula ósea


§ Lembra que en xullo do pasado ano impulsara unha declaración institucional na que o goberno local se comprometía a impulsar medidas de promoción da doazón de sangue

§ En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue: “está claro que debemos avanzar cara unha doazón regular e periódica”

En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue segundo datos da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que tamén advirten de que tan só o 25% dos pacientes que precisan de doazón de medula ósea teñen a posibilidade de atopar a un donante familiar compatible. Unhas cifras que, para a concelleira non adscrita, Marta Álvarez, deixan claro que se debe avanzar “cara unha doazón regular e periódica”.

Álvarez que este sábado reclamaba ao goberno local “maior implicación” para que, desde as canles de comunicación do Pazo de Raxoi se contribúa “de forma constante” á sensibilización da importancia da doazón de sangue e medula ósea. Precisamente, lembra que en xullo do 2024, as concelleiras non adscritas impulsaran unha declaración institucional que foi subscrita por toda a Corporación precisamente para que desde o Concello existira o compromiso de avanzar cara unha promoción constante e regular da doazón de sangue e órganos. Lamenta que non se dera cumprimento ao acordo plenario e recalca que é preciso dar pasos “máis aló de campañas puntuais” para contribuír a “desmitificar este acto, destacando a súa seguridade e importancia vital”.
“Avogamos por fomentar unha maior implicación desde o Concello de Santiago na concienciación da doazón” que permita “desmitificar este acto, destacando a súa seguridade e importancia vital” defende Álvarez que critica que o goberno local non dera cumprimento ao acordo plenario durante este verán: “unha oportunidade perdida de sumar esforzos”.
“A doazón de sangue e medula ósea é sinxela e o mellor agasallo de vida”
A sangue supón un recurso imprescindible, lembran as concelleiras non adscritas, “para a atención de emerxencias médicas ou cirurxías” pero tamén “para abordar tratamentos oncolóxicos e para pacientes con trastornos hematolóxicos graves”. O mesmo ocorre coa doazón de medula ósea, que pode ser, recalca Álvarez, “a única esperanza de vida para pacientes con leucemia, linfoma, anemia aplásica e outras enfermidades hematolóxicas graves”.