Friday 03 de October de 2025

Aberto o prazo para o primeiro dos espectáculos do programa Apego, con actividades de balde para crianzas de 0 a 6 anos


A programación de setembro a novembro desenvolverase todos os martes no Centro Sociocultural Ágora

O Concello da Coruña pon en marcha unha nova edición do Programa Apego, con actividades durante os meses de setembro, outubro e novembro para familias con crianzas de 0 a 6 anos. En total, a programación recolle 11 actividades de balde que se celebrarán no Centro Sociocultural Ágora seguindo a liña marcada polo Goberno de Inés Rey para a dinamización dos espazos culturais cunha oferta ampla e para todos os públicos.

Este venres, 26 de setembro, abriuse o prazo para asistir ao espectáculo ‘Ñam!’, de Caramuxo Teatro, que se celebrará o martes 30 de outubro no auditorio do Centro Social Cultural Ágora en dous pases.

A programación continuará ate o día 25 de novembro, todos os martes no Centro Sociocultural Ágora. Do mesmo xeito, as inscricións abriranse para cada espectáculo o venres anterior. A reserva de praza realizarase ao nome do ou da menor polo que non é preciso inscrición da persoa adulta que a acompañará no espectáculo.

Programación completa
Velaquí a programación para os meses de setembro, outubro e novembro de 2025:
“Ñam!”, de Caramuxo Teatro (auditorio) (3-5 anos)
o Martes 30 de setembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
o Inscrición: a partir do venres 26 de setembro, ás 10.00 h
o Espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia. “Música na pel”, de Arkhé (+2 meses ata 1 ano, ou que aínda non se despracen)
o Martes 7 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
o Inscrición: a partir do venres 3 de outubro, ás 10.00 h
o Obradoiro para as familias con bebés no que exploraremos, con moita liberdade de acción, a importancia da lingua, da música e de captar estímulos.

“Obradoiro de imprenta creativa”, de Alouette Machine (3-6 anos)
 Martes 14 de outubro, tres pases: 17.00, 17.40 e 18.20 h (30 min)
 Inscrición: a partir do venres 10 de outubro, ás 10.00 h
 Obradoiro participativo no que as crianzas poderán realizar (e levar) algunhas impresións e coñecer de preto o traballo dos antigos impresores e editores.

“O dentista musical”, de Pablo Varela (3-6 anos)
 Martes 21 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
 Inscrición: a partir do venres 17 de outubro, ás 10.00 h
 Con este libro-disco, cantaremos e bailaremos, ao tempo que aprendemos hábitos saudables para acadar unha boa saúde bucodental. Tamén nos axudará a superar o medo a ir ao/á dentista e a conseguir un sorriso san e brillante.

“Levántate, Xan!”, de Caxoto (1-3 anos)
 Martes 28 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
 Inscrición: a partir do venres 21 de outubro, ás 10.00 h
 Xan, dono dunha granxa, terá un problema co seu galo que pode condicionar toda a vida cotiá da granxa. A través de pequenas historias, cancións e contos, Xan intentará arranxar o funcionamento da súa granxa.

“Hugo”, d’Os Náufragos Teatro (auditorio) (5 e 6 anos)
 Martes 28 de outubro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
 Inscrición: a partir do venres 24 de outubro, ás 10.00 h
 A Hugo gústanlle moito os avións e toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A ela gústalle falar e gústanlle as plantas. Peza sobre o trastorno de espectro autista.

“Triscus beliscus”, de Vero Rilo e Sonsoles Penadique (0 a 3 anos)
 Martes 4 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (30 min)
 Inscrición: a partir do venres 31 de outubro, ás 10.00 h
 Espectáculo de narración oral e música en directo. Xogar, contar e cantar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ata caer de cu polo burato!

“Mar, terra e lingua”, da Maga Fani (3 a 6 anos)
 Martes 11 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)
 Inscrición: a partir do venres 7 de novembro, ás 10.00 h
 Escolla de feitizos para amosar que, da bravura do noso mar e da capacidade produtiva desta terra, agroma unha fala para namorar a sociedade.

“A nena e os tres osos”, de Migallas (1 a 3 anos)
 Martes 18 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)
 Inscrición: a partir do venres 14 de novembro, ás 10.00 h

 Monicreques e cancións. Os tres osos vivían no bosque e todos os días facían o
mesmo, pero aquela mañá as papas estaban moi quentes e decidiron pasear
primeiro e almorzar despois.
“Rosa caramelo”, de Talía Teatro (auditorio) (5 e 6 anos)
 Martes 18 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
 Inscrición: a partir do venres 14 de novembro, ás 10.00 h
 Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consegue que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea, descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

“Arrolos de salitre”, de Guille Fernández e Inés Salvado (0 a 2 anos)
 Martes 25 de novembro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)
 Inscrición: a partir do venres 21 de novembro, ás 10.00 h
 As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral do disco do mesmo nome, de Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Melodías moi coñecidas, na guitarra de Guillerme e na voz de Inés Salvado.

Deja un comentario