
Francisco Bello Hermida, está a exercer funcións de goberno sen ter competencias delegadas oficialmente polo Alcalde. O grupo esixiu o cese destas prácticas que foron denunciadas onte no pleno.
O Alcalde non negou os feitos, incluso, foi ousado de pedir que “os deixen traballar así”, sabéndo que esto é ilegal.
Esta actuación vai en contra do artigo 73.3.3 da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, que prohibe que os concelleiros non adscritos (tránsfugas) asuman responsabilidades executivas ou melloras na súa posición política.
Dende Alternativa defenden que non van permitir que se desprece a legalidade nin se normalice o transfuguismo para manter maiorías políticas. O grupo tamén denuncio, formalmente por escrito, dita situación tanto á Secretaría Municipal, como á alcaldía. Solicitando, ademais, informes oficiais sobre esta irregularidade. Esixindo que o cese das posibles prácticas ilegais.
Fran Bello está, supostamente, a facer xestión directa con representantes de empresas para contratación e xestión de servizos, actuando como representante municipal. Trasladan que emite ordes a técnicos municipais. E tamén á ocupación dun despacho do 1º andar do Concello de forma continúa, desde o cal realiza xestións relativas ao funcionamento de varias concellarías e reunións con técnicos municipais, tratando temas de distintas áreas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.