
· A cita deportiva terá lugar o domingo, 5 de outubro, de 11.00 a 19.00 horas no polideportivo municipal da rúa Venecia.
O Club Deportivo Marquiño xa ten fixada a data para celebrar o seu Torneo de Xadrez Pizza Móvil Concello da Pobra: será o domingo, 5 de outubro, entre as 11.00 e as 19.00 horas no polideportivo municipal da rúa Venecia. A cita, que vai xa pola súa décima edición, puntuará para o XVIII Circuíto Galego de Promoción.
O torneo contará con categorías desde a infantil ou sub-14 (para nados entre 2011-2012), alevín ou sub-12 (para os nados entre o 2013, 2014), benxamín ou sub-10 (2015-2016) e prebenxamín ou sub-8 (para os nados en 2017 ou en anos posteriores). En canto á dinámica da competición, esta disputarase seguindo o método suízo a sete roldas de 10 minutos máis 5 segundos de incremento.
As persoas interesadas poderán anotarse vía correo electrónico, enviando un mail ao enderezo xadrezbretema@gmail.com no que terán que indicar o nome, apelidos, categoría e club de pertenza. O prazo límite para as inscricións está fixado para as 23.00 horas do venres, 3 de outubro.
Unha vez rematado o xogo, terá lugar a entrega de premios, na que se outorgarán trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.