Saturday 04 de October de 2025

Alejandro Sanz, primeira confirmación do ciclo Coruña Sounds 2026, actuará na cidade o 18 de xullo


Será a súa única para en Galicia coa xira ‘¿Y ahora qué?’

Un dos artistas máis destacados do panorama musical español e internacional, Alejandro Sanz, fará parada na Coruña coa súa xira mundial ‘¿Y ahora qué?’, na que presentará o seu último traballo, do mesmo nome. O cantante andaluz actuará o 18 de xullo no peirao de Batería, sendo a primeira confirmación do ciclo Coruña Sounds 2026, que conta co apoio do Concello.
“Desde o Goberno de Inés Rey celebramos que os grandes artistas musicais do mundo fagan parada na nosa cidade, froito dun intenso traballo de planificación cultural”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. As entradas para esta actuación, única parada en Galicia de Alejandro Sanz na súa nova xira, sairán á venda o vindeiro 9 de outubro a través da súa web oficial.

Neste concerto, Sanz fusionará os seus grandes clásicos co seu máis recente repertorio, incluíndo as cancións do seu último traballo, que leva por título ‘¿Y ahora qué?’. Nestes últimos meses, o artista andaluz presentou diferentes cancións en colaboracións con outras celebridades como Shakira, Grupo Frontera ou Rels B.

Alejandro Sanz é un dos artistas con máis actuacións na cidade, 12 delas no Coliseum. No conxunto das súas visitas á Coruña, acumula case 100.000 entradas vendidas.

Deja un comentario