
O Concello de Neda informa de que a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas volverá recalar na localidade o vindeiro mes de novembro. Será concretamente na contorna do local social de Anca o día 18, en horario de mañá.
Os veciños/as de Neda que teñan en propiedade tractores e outro tipo de maquinaria agrícola, de obras e servizos poderán pasar a ITV sen facer longos desprazamentos nin saír da localidade. Desta volta, segundo informan dende Supervisión y Control (SYC Applus +), a unidade móbil estará operativa de 9 a 13:30 horas.
Apuntan ademais dende a concesionaria do servizo que as persoas interesadas en realizar no municipio a revisión dos seus vehículos agrícolas ou de obra xa poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 981928080 ou a través da web www.sycitv.com.