
Novo servizo para a veciñanza de Cambre e Carral
A Área Sanitaria da Coruña e Cee puxo en marcha a nova unidade de saúde bucodental que permitirá ás persoas usuarias do Centros de Saúde de ambos municipios acceder a este servizo. Anteriormente se tiñan que desprazar ao Ventorrillo.
A unidade estará situada no Centro de Saúde do Temple. Contará cun equipo profesional formado por un odontólogo/a e un técnico/a en hixiene bucodental que atenderán de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
Aquelas persoas que precisen o servizo teñen que acudir directamente ao seu centro de saúde e solicitar cita para o servizo bucodental.
Alternativa dos Veciños celebra a posta en marcha desta demanda do grupo que dará servizo aos dous concellos.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.