Thursday 02 de October de 2025

Alternativa esixe solucións para varias rúas de Almeiras


Thais Palla reclamou no pleno a finalización da rúa San Xiao, así como solucións para a vía Marqueses de Almeiras, que se atopa practicamente intransitable

O pasado 15 de agosto, Concello e Deputación, coincidiran na urxencia rematar as obras na DP-3108 (rúa San Xiao), chegando a anunciar o inmediato reinicio dos traballos.

No obstante, a día de hoxe, persisten tramos inacabados con zonas de terra e grava, elementos deteriorados e unha sinalización deficiente que supoñen un risco e molestia diaria par a veciñanza. Motivo polo cal Alternativa reclamou novamente no pleno a urxente reactivación das actuacións.

Ademais, o grupo tamén esixiu o asfaltado e a mellora da rede de saneamento na rúa Marqueses de Almeiras, outra demanda dos residentes.

Ambas peticións foron aceptadas polo alcalde, que se comprometeu a realizar as actuacións pertinentes para dar resposta ás necesidades da veciñanza de Almeiras. Alternativa permanecerá vixiante.

Deja un comentario