
Organizada por Alcer Coruña, as inscricións estarán abertas ata o 28 de outubro no Concello de Frades
A asociación para a loita contra o cancro e enfermidades do ril Alcer Coruña organiza unha andaina solidaria pola doazón de órganos, que terá lugar o sábado 1 de novembro, ás 10:30 horas, en Frades. As inscricións están abertas ata o 28 de outubro no Concello de Frades: 981 695 567 (en horario de mañá) e 600 852 222 (Lino Espiñeira).
A participación é totalmente de balde para menores de 12 anos, mentres que as persoas de 13 anos en adiante colaborarán cunha doazón de 5 euros. O pago poderá realizarase por Bizum ao 05242, concepto “Donativo Alcer Coruña” e destinatario “Alcer Coruña. Asociación de Loita contra as enfermidades do ril”). Ese mesmo número estará habilitado como Dorsal Cero, para recoller doazóns daquelas persoas que non poidan ou non desexen participar na andaina.
Unha andaina que terá saída e meta na praza pública de Ponte Carreira, onde tamén se instalará un stand informativo de Alcer Coruña e se poderán mercar todo tipo de obxectos. As persoas que participen na ruta sairán ás 10:30 horas de Ponte Carreira para afrontar un percorrido circular de 7,5 quilómetros que os levará por espazos de interese natural e cultural de Frades, como a área fluvial “A presa” ou a igrexa de Ledoira.
Esta andaina solidaria está organizada por Alcer Coruña, en colaboración co Concello de Frades e os supermercados Claudio (María Vázquez Pardo ) e Tandy (Ana María Andrade Gómez) de Ponte Carreira.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.