Thursday 02 de October de 2025

Concerto de Pepe Piña no acto de presentación do libro gañador no XXXVII Premio de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.


O CMI Unidade de Fene acolle este sábado a presentación de Pequena vida salvaxe, poemario co que Roberto X. Hermida gañou o XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé que organiza a entidade fenesa coa colaboración do Concello de Fene e a editorial Espiral Maior.

O acto comezará ás 20.30 horas, con entrada libre e de balde até completar aforo. Ao remate actuará o cantautor galego Pepe Piña, concerto organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Pepe Piña ofrecera unha mestura de cancións en galego, portugués e castelán, que abrangue desde Galicia ata Portugal e mesmo Brasil, Cuba e Sudamérica. Cancións orixinais dos dous últimos discos editados e cancións coñecidas de todo o mundo. Un concerto íntimo para escoitar e saborear desde Fuxan os ventos a Silvio Rodríguez.

Deja un comentario