
Hoxe tivo lugar a presentación da “II MIlla Día de la Hispanidad” que se celebrará o propio día festivo. Estiveron presentes o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones e o responsable da escola de boxeo “El Canario”, Israel Benítez.
Furones insistiu da importancia do binomio deporte-saúde e anunciou que nesta edición como novidade, “a proba estará homologada pola Federación Galega de Atletismo, ademais cambia o horario da mesma, será pola mañá e dará comezo a partir das 11 horas ao longo dun circuíto pola Avenida do Malecón”.
O percorrido será totalmente chairo nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. Haberá categorías tanto masculinas como femininas. Benítez falou da importancia da homologación por parte da Federación, “para que nun futuro poidamos traer o Campionato Galego que é un dos nosos obxectivos como club”. As inscricións faranse de xeito telemático na web https://www.carreirasgalegas.com/events/ii-milla-da-hispanidad/yalq6qm0 onde se poderán inscribir en diferentes categorías dende “Zapatilla Inclusiva” até “MÁSTER 2-M3-M4”. Para rematar Benítez agradeceu ao Concello de Ribeira xunto a tódolos patrocinadores pola implicación “en tódolos eventos deportivos que organizamos”.
Pechou a rolda Suárez-Puerta animando á veciñanza a participar na proba e sinalou que “dende o Concello de Ribeira entendemos que o deporte e a saúde deben ir da man”. Finalizou agradecendo o traballo e o bo facer do GAEM e da Policía Local neste tipo de eventos, asemade da escola de boxeo “polo grande labor que desenvolve polo deporte en Ribeira”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.