
Participaron 14 persoas na procura de reforzar as súas habilidades profesionais e abrir novas oportunidades para a inserción no mercado laboral.
Nesta semana rematou con éxito a última das formacións incluídas no Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello da Laracha 2024-2025.
Un grupo de 14 persoas desempregadas residentes no termo municipal da Laracha participaron activamente no curso de Administración e Xestión deseñado para reforzar as súas habilidades profesionais e abrir novas oportunidades no competitivo mercado laboral mediante a aprendizaxe de coñecementos prácticos e funcionais sobre os procesos administrativos que se levan a cabo nunha empresa.
Durante o vindeiro mes de outubro desenvolveranse varios obradoiros centrados en habilidades chave para a busca activa de emprego. As sesións abranguerán temas como a busca de emprego na rede, motivación e autoestima na procura de emprego e intelixencia emocional, ofrecendo ferramentas prácticas e recursos útiles aos participantes do Programa Integrado de Emprego.
O Concello da Laracha, co financiamento da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, continúa apostando polo desenvolvemento de políticas activas de emprego poñendo en marcha iniciativas como esta, dirixidas a mellorar a formación das persoas que se atopan en situación de desemprego coa finalidade de aumentar as súas opcións de inserción no mercado laboral.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.