Thursday 02 de October de 2025

Suárez-Puerta presentou os datos estatísticos da oficina de turismo do Malecón


No día de hoxe o concelleiro de Turismo, Francisco Suárez-Puerta presentou os datos estadísticos da oficina de turismo situada no Malecón.

O concelleiro presentou os datos estatísticos de información turística do Concello de Ribeira, centrado na Oficina de Turismo do Malecón, que foi a única oficina aberta durante este período. As datas de recollida dos datos abarcan desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro do 2025.

Tras observar os datos recollidos na oficina de Malecón, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro do ano 2025, estráese o seguinte:
• O número total de consultas foron 613 consultas (77 consultas en Xuño, 214 consultas en xullo, 287 consultas en agosto e 35 consutlas en setembro)
• Visitaron físicamente a oficina de turismo un total de 2.476 turistas (188 en xuño, 642 en xullo, 847 en agosto, 79 en setembro)
• O mes con máis visitantes, volve a ser agosto derivado das festas, sendo unha consulta moi recurrente. Este ano incrementouse notablemente o número de visitantes de fóra de Galicia, así como de fóra de España
• Con relación á procedencia dos visitantes, a gran maioría procede doutras comunidades, segue a comunidade galega e por último os visitantes estranxeiros.
• De nacionais de fóra de Galicia o máximo número de visitantes foron de Madrid, seguidos por País Vasco e Castela e León. Respecto a estas comunidades, menos da metade de visitantes veñen de Cataluña, Aragón e Andalucía.
• As persoas internacionais seguen sendo unha minoría, máis si se compara con anos anteriores hai un incremento notable de visitantes de fóra de España respecto do ano anterior. A maioría proceden de Francia, Alemania, Bélxica, Portugal e Paises Baixos. Mostran interese polas actividades de turismo e do resto da programación do Concello.
• Respecto da comunidade galega, a maioría de visitantes procede da provincia da Coruña, seguido de Pontevedra e Ourense que se igualan e por último Lugo.
• Quitando xuño, o resto dos meses, ao igual que o ano anterior, deciden quedarse entre 3 e 7 días para disfrutar da cidade e dos seus arredores,seguido de de 8-15 días. Isto demostra que Ribeira atrae como destino e non como parada.
• Respecto ao tipo de aloxamento, se ben en xuño un notable número de visitantes estaban de paso, en xullo, agosto e setembro se aloxan maioritariamente en vivendas de aluguer / vivendas turísticas. Este ano, o principal aloxamento dos visitantes foi este tipo de aloxamento, que volve aumentar en proporción respecto do ano pasado (presuponse que a razón principal é a non regularización deste tipo de vivendas máis alá do Decreto 12/2017 que facilita a tramitación burocrática para establecer as vivendas persoais como vivendas de uso turístico, xunto co aumento de prezos neste sector). Detéctase que este pode ser un problema en auxe. Cabe destacar que este ano tamén recibimos visitantes interesados en coñecer as zonas residenciais para mercar 2ª residencia o que mostra un aumento da capacidade adquisitiva por parte dos nosos visitantes
• Os principais motivos de consulta son, en primeiro lugar, recibir información sobre todo o que ofrece Ribeira (festas, actividades culturais, deportivas e turísticas) o que demostra que este tipo de programación atrae un turismo con maior capacidade adquisitiva. En menor medida a demanda de información versa sobre os concellos próximos e, en xeral, sobre a zona da costa Atlántica.
Se mostra especial interese pola illa de Sálvora.
• Volvéronse ter queixas acerca da falta de horarios e de claridade, transparencia e frecuencia do servizo de autobuses (Monbus) tendo que exercer de intermediarias a equipa técnica da Oficina de Turismo, sin ser esa a súa función, derivada da deixadez por parte da empresa encargada de prestar o servizo.
• É salientable resaltar que a Oficina de Turismo recibiu numerosas visitas e chamadas de persoas residentes en Ribeira, tanto para obter información acerca das actividades realizadas por esta Concellería, como para obter información turística de outros servizos do concello. Isto é derivado da estratexia de posta en valor de lugares de Ribeira, que ata o de agora, a veciñanza descoñecía.
Suárez-Puerta concluíu que a vivenda turística está en auxe o cal pode acarrear un problema, xa que hai unha gran maioría que non está regulada, tamén manifestou que a capacidade adquisitiva dos nosos visitantes vai en aumento.
Os visitantes mostran interese por coñecer en primeiro lugar Ribeira, a súa cultura,a súa gastronomía e as festas.

O transporte urbano un ano máis segue sendo un problema.

A propia veciñanza fai turismo no propio Concello debido a que non o coñecían. Esto crea potenciais anfitrións turísticos xa que o aumento do coñecemento do lugar produce que a veciñanaza poida amosar Ribeira de forma auténtica e atractiva, o que mellora a experiencia do visitante e a imaxe de Ribeira.

Tendo en conta os datos de visitas físicas á Oficina de Turismo de Ribeira (Malecón), prodúcese un aumento significativo de visitantes ao longo do verán, chegando a máis de 2.400 persoas. As festas e a programación de actividades ofrecidas polo Concello de Ribeira crean atracción de visitantes tanto desde España como doutros países, que se aloxan durante varios días en Ribeira, convertíndoa nun destino vacacional e non apenas en unha parada de camiño.

Para finalizar Colomer indicou que o transporte urbano segue sendo un problema un ano máis xerando unha imaxe negativa de Ribeira, “os problemas de mobilidade afectan tanto ao turismo como á vida cotiá da veciñanza o que repercute na confianza e no gasto do visitante en Ribeira” rematou o concelleiro de Turismo.

Deja un comentario