
Foi aprobada por unanimidade da corporación a moción presentada por Alternativa, na que se demandaba unha analise da siniestralidade da estrada N-550 ao seu paso por Alvedro para implantar medidas específicas para a seguridade viaria.
Grazas á inicitativa do grupo, o alcalde comprometeuse a integrar dita actuación dentro dun proxecto máis amplo de mellora para a zona, que incluirá tamén a reconstrución das beirarrúas e a humanización da contorna da N-550, solicitada tamén por Alternativa.
Thais Palla, voceira do grupo celebrou o apoio unánime da corporación e instou ao goberno municipal a traballar de maneira conxunta para que este proyecto da zona poida ver a luz neste mandato.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.