Realizouse o cepillado do céspede e anúnciase a reparación dos aspersores
O Concello de Muxía vén de realizar este fin de semana o cepillado do céspede do campo da Arliña, uns traballos de mantemento fundamentais para conservar o terreo de xogo en bo estado e garantir a seguridade das e dos xogadores.
Estas tarefas non se levaban a cabo dende había moitos anos, polo que resultan esenciais para o correcto coidado desta infraestrutura deportiva.
Dende o Concello lembran que esta actuación se suma ás numerosas melloras acometidas nos últimos meses no campo da Arliña, entre as que destacan:
instalación da cuberta no lateral da grada,
substitución dos termos nos vestiarios,
colocación dunha rede perimetral para evitar a perda de balóns,
reparación e mellora do teito dos vestiarios.
Ademais, anúnciase que nas vindeiras semanas se procederá á reparación dos aspersores, que tamén levan tempo sen funcionar, completando así un novo paso no compromiso do Concello de Muxía coa mellora das súas instalacións deportivas.



