Hoxe deron comezo os traballos
Gracias a xestión por parte do equipo de Alternativa dos Veciños de Carral conseguiuse unha subvención de 35.000 euros para a mellora de infraestruturas e equipamentos municipais nas pistas de tenis do Concello.
Esta actuación que garante mellores condicións de funcionalidades, seguridade e durabilidade permitiralle ós veciños poder disfrutar dun espazo axeitado para a práctica deportiva
As melloras previstas son: revestimento e marcado de liñas das pistas; instalación de iluminación na zona cuberta, ideal para xogar en horario nocturno ou con pouca luz; e creación dun novo cadro eléctrico, aumentando a seguridade da instalación.

