Thursday 02 de October de 2025

A execución do proxecto de mellora da estrada no Cruceiro de Lestón comezará nos próximos días


O alcalde mantivo hoxe unha reunión previa ao inicio das obras co responsable da empresa adxudicataria.

As obras contempladas no proxecto de mellora da estrada no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón, situado moi próximo á vila de Paiosaco, comezarán a executarse nos próximos días trala reunión previa ao inicio dos traballos mantida polo alcalde, José Manuel López Varela, co representante da contratista, Construcciones Ponciano Nieto S.L., á que foi adxudicada trala licitación aberta á que concorreron oito empresas.

A actuación inclúe a renovación da superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos, a limpeza das cunetas e a mellora da seguridade mediante a sinalización horizontal e vertical.

O orzamento ascende a 48.000 euros a cofinaciar coa Deputación da Coruña ao estar incluída a intervención no Plan Único Concellos.

Deja un comentario