
A mellora de equipamentos e o incremento da protección social serán claves no novo documento
O voceiro municipal e concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, encabezou a representación do Goberno de Inés Rey na primeira reunión das negociacións co grupo municipal do BNG, liderado por Francisco Jorquera, para a elaboración do orzamento do ano 2026. Deste xeito, dáse cumplimento ao acordo marco asinado entre os grupos municipais do PSdeG – PSOE e BNG para a constitución do actual mandato, que fixa no mes de setembro o inicio de ditas negociacións.
José Manuel Lage, que estivo acompañado pola vicevoceira municipal e concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, e a directora da área de Alcaldía, Emma Cid, sinalou tras o encontro a “boa disposición de ambas as partes a negociar para facer un orzamento ambicioso e á altura da cidade”. “O obxectivo do Goberno de Inés Rey para o 2026 é dinamizar a economía, incrementar a protección social e desenvolver políticas centradas nos barrios, nos que melloraremos equipamentos e a súa accesibilidade para facer unha Coruña con maior cohesión social”, indicou o voceiro municipal.
Nese sentido, Lage confirmou que o próximo orzamento reforzará o Plan de Barrios posto en marcha este 2025 e que xa está na súa fase de presentación á cidadanía, con encontros cidadás que esta semana chegarán ao centro cívico de San Diego. “A Coruña é unha cidade que medra, superando xa a barreira dos 250.000 habitantes, e temos o reto de mellorar os espazos públicos a través dun orzamento progresista”, indicou Lage.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.