Thursday 02 de October de 2025

O Concello de Ribeira achega formación sobre o novo sistema de despacho e enrole marítimo


· A xornada celebrarase o 4 de outubro, no Centro Cultural Lustres Rivas

O sector marítimo é clave no desenvolvemento social e económico de Ribeira, constituíndo o medio de vida de moitas familias do municipio. A entrada en vigor do Regulamento de Ordenación da Navegación Marítima (RONM) no 15 de agosto de 2025 actualiza o sistema de despacho e enrole marítimo en España, o cal se traduce na dixitalización dos trámites coa finalidade de axilizar os mesmos e reducir a carga burocrática.

Conscientes da incerteza e complexidade que pode xerar este novo modelo de xestión, o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, coa colaboración da xefa de Distrito Marítimo de Ribeira, Leire Blanco, organizan una xornada formativa dirixida a toda a xente do mar usuaria do referido sistema.

A sesión desenvolverase no sábado, 4 de outubro, en horario de 10.30 a 12.30 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas e non require inscrición previa pero será necesario o certificado dixital de cada patrón ou armador.

Neste senso, o edil Fernando Abraldes manifesta que esta iniciativa xorde para “resolver as dúbidas relacionadas cos trámites de despacho e enrole e ensinar aos mariñeiros a utilizar correctamente este novo sistema e evitar así que se orixinen incidencias como consecuencia de ser una novidade para o sector.”

Toman parte tamén deste evento a Sociedad Cooperativa Gallega del Mar Sta. Eugenia OPP83 e as Confrarías de Pescadores de Ribeira, Carreira-Aguiño e Palmeira.

Deja un comentario