Thursday 02 de October de 2025

Retencións Villa Julia 29/09/2025


Dende as 8:30 horas desta mañá hai importantes retencións na DP-0810 á altura de Villa Julia.

O motivo é a caída dun camión articulado na cuneta da vía, da que lle é moi complicado saír. A Policía Local e Protección Civil levan traballando no lugar dende que se produciu o accidente para tratar de solucionalo o antes posible.

Dende o Concello resaltamos, unha vez máis, a importancia e a urxencia da proposta de ampliación deste tramo de vía, considerado un punto negro.

Deja un comentario