
O goberno municipal interesouse pola proposta, abrindo a porta á posible convocatoria do Consello para abordar a situación que está a vivir o alumnado con necesidades de apoio educativo nos centros de Sigrás e Brexo-Lema
A realidade do CEIP Gonzalo Torrente Ballester é que conta cunha coidadora para tres alumnos con alto grao de necesidades de apoio. Esta profesional está de baixa e a administración educativa non prevé cubrir a súa ausencia.
A esta situación súmase que o centro dispón só dunha profesora de Pedagoxía Terapéutica e media xornada de Especialista en Audición e Linguaxe, que comparte co CEIP Emilio González López. As familias denuncian esta dotación de persoal como insuficiente para garantir o apoio educativo e facilitar a inclusión do alumnado.
A celebración do Consello Escolar Municipal de Cambre (CEMC) tamén permitiría abordar as problemáticas do transporte que ten diariamente o alumnado do IES Alfonso X O Sabio ademais de poñer en común outras necesidades que están a afrontar os centros, familias e ANPAS neste curso escolar.
A convocatoria chega con atraso, xa que o CEMC leva dous anos sen convocarse. A pesar de tratarse do órgano que integra a toda a comunidade educativa do municipio (profesorado, familias, alumnado e sindicatos). Unha ferramenta de participación real, que permite traballar conxuntamente e impulsar iniciativas colectivas para reclamar diante das administracións competentes as carencias que sofren os centros educativos do municipio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.