
· O alcalde, José Carlos Vidal, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, formalizaron o convenio de colaboración para a nova edición.
O Concello e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura, volverán xuntar esforzos para enxalzar unha das figuras máis importantes da literatura galega: a de Ramón María del Valle-Inclán. Ambas institucións colaborarán para celebrar unha nova edición das xornadas en homenaxe a este autor. O alcalde, José Carlos Vidal, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, formalizaron hai uns días o convenio para realizar a que será a vixésimo sétima edición. No encontro estivo tamén presente o director do Museo Valle-Inclán da Pobra, Antonio González Millán.
Como noutras ocasións, o programa das Xornadas Homenaxe a Valle-Inclán desenvolverase en outubro, e incluirá un amplo número de propostas de todos os xéneros e dirixidas a veciños e veciñas de distintas franxas de idade. O obxectivo desta proposta non é outro que afondar e pór en valor a figura deste autor.
A concelleira de Cultura incide na importancia desta actividade, “que ten unha gran tradición e que, tras 27 anos, está xa consolidada dentro da programación anual da Pobra”. Lojo anima á cidadanía a sumarse para coñecer máis “sobre a historia de Valle-Inclán que é, en definitiva, parte da nosa historia como municipio”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.