Thursday 02 de October de 2025

O TSXG dá a razón ao Concello de Oleiros na denuncia contra a planta de residuos no muelle de Oza


A sección 2 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu unha sentenza na que recoñece que o Concello de Oleiros si está lexitimado para impugnar a autorización outorgada pola Xunta á planta de tratamento de aceites e hidrocarburos no Porto de Oza. Agora a Consellería de Medio Ambiente terá que resolver o rescurso interposto polo Concello, que inicialmente fora inadmitido.
O Concello demandaba que se anulase a autorización ambiental integrada outorgada a LIMPOIL, por ser contraria a dereito, alegando que a localización inadecuada (en plena ría, próxima a praias e zonas de interese ambiental e pesqueiro); existen deficiencias na avaliación ambiental (simplificada e sen informes suficientes); carece de protocolos de seguridade, medidas preventivas e xestión de augas residuais; e falta de rigor na análise dos efectos socioeconómicos e ambientais. Con esta setanza xudicial ordénase á administración autonómica a que se pronuncie expresamente sobre o fondo destas alegacións.
Esta mesma empresa xa fora denunciada no 2002 ante os tribunais polo Concello de Oleiros porque os vertidos que recollía nas augas do porto (restos de aceite, combustibles, etc…) eran derramados posteriormente nunha nave situada en Icaria, a través da rede de sumidoiros municipal.

As características desta planta son totalmente incompatibles coa actividade pesqueira que hai no porto de Oza. Xa no seu día, o informe da Consellería de Medio Ambiente recollía o impacto desta planta nunha contorna especialmente sensible. Este peirao non é una polígono industrial e atópase a carón das praias de Oza e Santa Cristina e nas proximidades da ría do Burgo. Despois de décadas de loita por unha ría saneada, xeradora de riqueza a través de actividades de lecer, da pesca e do marisqueo, a cidadanía da comarca non debe sufrir a presenza dunha planta ilegal contaminante.

Este tipo de instalacións crearon graves problemas por todo o territorio español durante os últimos anos. Para eliminar os refugallos e non ter que reciclar estas empresas empregan incendios e explosións. Por exemplo, no 2017 arderon 6 plantas de reciclaxe situadas en Navarra, Valencia, Lleida, Arganda del Rey e Málaga. Nos anos 2017 e 2018, as plantas situadas en Ribeira, Arteixo, As Somozas e Padrón tamén sufriron incendios e nun dos casos unha explosión, causando tamén graves danos no medio ambiente e problemas moi importantes de seguridade cidadá.

Deja un comentario