
O Plan de Emerxencia Municipal contará cun sistema de última xeración para conectar aos distintos equipos de emerxencias e seguridade da cidade
O Concello da Coruña licita a elaboración do novo Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) co obxectivo de actualizar os protocolos de emerxencias establecidos e adaptalos ás novas tecnoloxías para conseguir unha maior eficacia na súa implantación.
“Cumplimos deste xeito co compromiso da nosa alcaldesa, Inés Rey, e actualizamos o PEMU para poder dar unha atención directa eficaz e áxil á cidadanía en diferentes situacións”, indicou a concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz. A elaboración deste plan por parte dunha asesoría especializada terá un orzamento de 60.000 euros.
O novo Plan de Emerxencia Municipal contará un sistema común de última xeración que permitirá a interconexión dos distintos equipos de emerxencias e seguridade da cidade, así como outros servizos municipais, co obxectivo de dar unha resposta máis rápida e precisa ante calquera situación. Tamén se actualizarán os protocolos actuais para adaptalos a calquera tipo de circunstancia e aos distintos niveis de emerxencias que se poidan establecer na cidade. Por outra banda, o PEMU buscará que haxa unha mellor coordinación entre administracións.
Que é o PEMU
O PEMU é un documento de carácter técnico que recolle un conxunto de normas, medios dispoñibles, persoas e procedementos de actuación que deben ser a guía de resposta do Concello ás situacións de emerxencia que se poidan producir no mesmo. Neste sentido, son obxectivos esenciais do Plan de Emerxencia Municipal os seguintes:
O novo PEMU terá dúas vertentes, unha preventiva e de autoprotección, e outra claramente operativa, coas que se perseguen os seguintes obxectivos:
● Organizar as funcións básicas de Protección Civil a nivel do Concello da Coruña.
● Identificar e analizar os distintos riscos a nivel local.
● Determinar as medidas de prevención fronte aos riscos detectados.
● Coordinar todos os recursos municipais para proceder a dar unha resposta rápida en caso de emerxencia.
● Promover actividades de autoprotección corporativa e cidadá.
● Informar e concienciar á poboación sobre os riscos e medidas de protección.
● Integrar o PEMU da Coruña no Plan Territorial de Emerxencias de Galicia de acordo con as directrices marcadas por este último.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.