Thursday 02 de October de 2025

A Universidade Sénior da UDC volve a Carballo por terceiro ano consecutivo cun interesante programa divulgativo para maiores de 50 anos


A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha neste ano 2025, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de Carballo, a 3ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para os adultos maiores de 50 anos, que se desenvolverá entre os meses de outubro e novembro, no Fórum Carballo.

A inscrición será gratuíta e poderá realizarse do 1 e o 12 de outubro, tanto en liña, a través da páxina web https://universidadesenior.org/carballo/, como de maneira presencial no Concello de Carballo.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas e prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
• 14 de outubro: “A Dirección Artística no Cine”, Profesora Victoria de León Sanjuán
• 15 de outubro: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profesora Elena Martín Cancela
• 21 de outubro: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”, Profesor Manuel Gómez Suárez

MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
• 28 de outubro: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestion”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
• 29 de outubro: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Mª González Fortes
• 4 de novembro: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío

MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
• 11 de novembro: “O cambio climático: causas e consecuencias”. Prof. Salvador Fojón Polanco
• 12 de novembro: “Enfermidades cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
• 18 de novembro: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos Freire Rodríguez

Clausura e xornada cultural na Coruña
O programa formativo rematará cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, onde terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas, o día 26 de novembro de 2025.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Carballo e maila súa comarca, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo en diferentes localidades e comarcas deste o ano 2018.

Deja un comentario