
A compra de concelleiros para promover mocións de censura atenta contra a democracia e a vontade popular
O Partido Popular segue de feira. Tras coñecerse a sentenza do Tribunal Constitucional que permite que concelleiros tránsfugas poidan votar mocións de censura, o PP está inmerso nunha auténtica feira de gando, na procura de porcos para colmar as súas aspiracións golpistas.
Alá onde o PP ten opcións de tumbar alcaldías que lexitimamente emanan da vontade popular, a táctica empregada consiste en comprar concelleiros como se de porcos se tratase. A nova adquisición de gorrinos prodúcese hoxe en Carral, onde para montar unha nova granxa o Partido Popular aproveitase da baixa catadura moral e ética de tres elementos, para traizoar a vontade maioritaria dos veciños e veciñas de Carral que nas pasadas eleccións municipais do 2023 outorgáronlle a maioría absoluta a Javier Gestal Pose e a Alternativa dos Veciños.
Non existen motivos para a presentación dunha moción de censura nin nunca houbo falta de transparencia. A rexeneración política que comentan é a de volver a poñer ao As de copas na alcaldía, igual que ocurriu en tempos pasados.
Todo parte da ambición persoal e enfermiza da caporala Susana Guimarey, que inmediatamente despois das eleccións comezou a conspirar para facerse coas rendas do Goberno, amargándolle a vida a un concelleiro ata a súa dimisión, dado que este podía ser o relevo natural do alcalde. Nesa estratexia, utilizou ao consorte Fran Bello, para reventar o Goberno por dentro e impedir que o compañeiro Rubén Caamaño puidese realizar as súas xestións como persoal de cofianza do alcalde; ante o que Javier Gestal lle retirou as delegacións a Bello.
Tras esa actuación do alcalde, a caporala Suana Guimarey e a dama de compañía Mercedes Caridad déronse de baixa médica, cobrando sen traballar durante varios meses, en apoio ao consorte Fran Bello, que foi utilizado como ariete contra o Goberno de Alternativa.
O odio visceral e a ambición desmesurada da parella lévaos a venderse ao PP, entregándolle a alcaldía a un personaxe que ata agora estaba na nómina da Deputación con 40.000 euros anuais, sen ir traballar. Os propios promotores da moción coa que lle van entregar a alcaldía a Mouriño descalificaron gravemente durante anos, como persoa e como político.
Non sabemos aínda canto lle costaron os gorrinos ao PP. Ollo, véndense como pata negra cando son gorrinos de cochiquera.