Friday 22 de November de 2024

Unha ducia de veciños e veciñas participan no obradoiro de globoflexia do Concello de Oroso


Unha ducia de veciños e veciñas participaron no obradoiro de globoflexia, celebrado durante o mes de marzo dentro do programa de Obradoiros Culturais 2016 organizado polo Concello de Oroso. Un taller de oito horas de duración e que foi impartido pola Escola Galega de Tempo Libre entre alumnos e alumnas maiores de 18 anos, que compartiron as ensinanzas adquiridas cun grupo de nenos e nenas do municipio.

Esta fin de semana dará comezo un novo obradoiro, nesta ocasión de maquillaxe, dirixido tamén a maiores de 18 anos. Neste caso, o alumnado aprenderá técnicas para realizar maquillaxes de terror e caracterizacións para animación infantil. O obradoiro, de 8 horas de duración, ten un custe de 30 euros.