
• Tras o éxito das tres edicións anteriores, este sábado, 27 de Setembro, a vila somocense será sede desta proba automobilística que xa conta con máis de 50 piltos inscritos.
• Nesta edición destaca a modificación do trazado, coa finalidade de mellorar a visibilidade e favorecer un maior desfrute tanto das persoas participantes como do público asistente.
A praza do Concello acolleu hoxe a presentación oficial do 4º Slalom Concello de As Somozas, un evento que terá lugar o sábado, 27 de setembro, e que está organizado pola Escudería As Somozas e conta coa colaboración do Concello, a Federación Galega de Automobilismo e Xunta de Galicia.
No acto participaron o alcalde, Juan Alonso Tembrás; o tenente alcalde, Manuel Pico Hermida; a concelleira de Cultura e Deportes, Ilda Pita Castro; así como a presidenta da Escudería As Somozas, Elena González Castro, xunto a outros membros da entidade: Santiago Santalla Soto, Adrián López Varela e José Luis López Fontao.
Esta proba nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2025, destaaca nesta edición pola modificación do trazado, coa finalidade de mellorar a visibilidade e favorecer un maior desfrute tanto das persoas participantes como do público asistente.
Así, a proba conta con máis de 50 pilotos inscritos, entre eles algúns dos principais referentes do campionato, o que garante un alto nivel competitivo nesta cuarta edición.
Tras a presentación, Juan Alonso, alcalde das Somozas, sinalou que “estamos seguros que esta cuarta edición terá un gran acollida, xa que este Slalom é un gran atractivo turístico que atrae a xente de toda Galicia ao noso municipio e sitúa ás Somozas como un dos epicentros do motor galego durante esa fin de semana”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.