Thursday 02 de October de 2025

O concello fai un chamamento á cidadanía para un consumo responsable da auga ante a declaración da prealerta por escaseza moderada


As regas nas zonas verdes públicas están suspendidas desde primeiros de mes.

Trala declaración por parte de Augas de Galicia da prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Anllóns, o Concello fai un chamamento á cidadanía para un consumo responsable que contribúa a manter o caudal ecolóxico

Solicítase aos laracheses que activen medidas de aforro e eviten usos innecesarios mediante accións como, por exemplo restrinxir as regas, limitar o lavado de vehículos -a excepción das empresas dedicadas a esa actividade-, non empregar auga potable para o enchido das piscinas particulares ou reutilizar a auga para outros usos.

O Concello ten suspendida a rega nas zonas verdes públicas desde primeiros deste mes de setembro, o que se manterá durante a situación de prealerta.

Deja un comentario