Thursday 02 de October de 2025

O Concello alerta de chamadas a persoas maiores nas que se suplanta a identidade do persoal municipal de Servizos Sociais


O Concello de Oleiros quere alertar, especialmente ás persoas maiores, que están a realizarse chamadas suplantando a identidade do persoal dos Servizos Sociais municipais. Nesas chamadas telefónicas, unha vez conseguen a confianza da persoa receptora, realizan numerosas preguntas, amosando especial interese en coñecer se a persoa vive soa ou non.

Esta situación detectouse esta mesma mañá, grazas a varios veciños que comunicaron os feitos. O Concello fai un chamamento ás persoas maiores a que extremen as precaucións ante este tipo de chamadas e consulten a súa veracidade chamando ao teléfono de atención veciñal 981610000.

Deja un comentario