
A prevenda de entradas comezará o mércores 1 de outubro ás 16.00 horas
Eladio Carrión actuará na Coruña na súa nova xira por España. O Coliseum será a única parada galega de DON KBRN, o seu novo tour. A actuación terá lugar o 29 de xaneiro e suporá o inicio da programación musical do 2026 no recinto municipal, que xa conta con artistas confirmados de gran nivel, como Dani Martín, Mikel Izal, Pablo Alborán, Hijos de la Ruina e Celtas Cortos.
“Desde o Goberno de Inés Rey apostamos por unha programación musical de gran nivel para a nosa cidade, que non deixe de lado ningún estilo nin público, e que se apoia nun dos mellores recintos nacionais para escoitar música en directo como é o Coliseum”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. Eladio Carrión é un dos grandes referentes globais da música urbana, o trap e o reguetón.
Esta será a súa segunda visita á cidade e ao Coliseum logo do seu concerto en xuño de 2024, ao que asistiron case 8.000 espectadores. A prevenda das entradas para este concerto arrincará o vindeiro mércores 1 de outubro ás 16.00 horas a través da páxina sfxevents.com Criado en Porto Rico, comezou a súa carreira creando contido humorístico en redes sociais, pero axiña destacou pola súa habilidade lírica e o seu estilo versátil. O seu álbum de estrea Sauce Boyz (2020) consolidouno como unha das voces máis frescas da nova xeración urbana, seguido por proxectos como Monarca (2021), Sauce Boyz II (2021) e 3MEN2 KBRN (2023), nos que colaborou con artistas de renome internacional. Co seu enfoque creativo e a súa capacidade para fusionar xéneros, Carrión converteuse nun referente da música urbana contemporánea en lingua española.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.