Thursday 02 de October de 2025

Alternativa esixe medidas de seguridade viaria na N-550


O grupo municipal presenta unha moción ao vindeiro pleno para demandar unha analise da siniestralidade da estrada ao seu paso por Alvedro para implantar medidas específicas.

Nos últimos meses, detectouse un aumento no número de incidentes e accidentes de tráfico nesta zona. O patrón recorrente de accidentes pon en perigo a integridade dos bens da veciñanza- con numerosos vehículos estacionados afectados- pero tamén xera unha profunda preocupación pola seguridade das persoas.

Alternativa propón diferentes medidas que se poderían implementar segundo o resultado que arroxe o estudo previo. Tales como instalar radares de control de velocidade, mellorar a sinalización, instalar elementos de redución de velocidade, reforzar a iluminación ou reordenar o tráfico ou crear novas infraestruturas peonís.

Thais Palla subliña a urxencia de que o Concello de Culleredo actúe con urxencia e manteña a, comunicación necesaria coas administracións competentes. Confía, ademais, en contar co apoio unánime de todos os grupos municipais.

Deja un comentario