
Actualmente a sociedade galega evidencia unha tendencia ascendente na porcentaxe de poboación en situación de dependencia. Tradicionalmente as familias sempre asumían os coidados, desde unha ampla estrutura familiar na que a alternancia era posible e permitía que a persoa dependente continuase desenvolvendo a súa vida no hábitat habitual coñecido. Actualmente as familias son diferentes, máis pequenas, con maior mobilidade, onde xa non coexisten varias xeracións e ademais incorpóranse ao mundo laboral todas as persoas que integran a familia.
Na última década apréciase unha crecente sensibilidade cara á familia como provedora de atencións ao enfermo crónico que é atendido no seu domicilio. Os coidados que reciben persoas dependentes proveñen nun 50% da súa contorna familiar, no caso de persoas con discapacidade intelectual, e o 70% en persoas que presentan discapacidade física, sendo o ingreso en institucións de respiro e apoio un 12% dos casos diagnosticados.
Os coidados precisan dunha dispoñibilidade permanente que non permiten o respiro do familiar e provoca fatiga psicolóxica que incide en aspectos físicos, psicolóxicos e sociais da vida cotiá.
Para diminuír estes efectos e acompañar a persoa coidadora o Concello de Oleiros desenvolve un programa de “Apoio ás persoas coidadoras”, buscando o obxectivo de que estas usen as súas propias capacidades abandonadas na atención ao seu ser querido novamente no seu beneficio.
• Mellorando a percepción da calidade de vida das persoas coidadoras.
• Potenciando as relacións sociais.
• Manexando as emocións conflitivas froito dos coidados.
Para a consecución destes obxectivos desenvólvense as seguintes actividades:
• “Descubrindo emocións”, obradoiros terapéuticos cunha duración de 8 sesións semanais.
• “Coidando emocións”, obradoiro grupal durante todo o ano onde se fomentan as relacións entre as persoas coidadoras.
• “Paseo dos sentidos”, pequenos paseos relaxados en espazos naturais próximos.
• “Estimulación” obradoiros dirixidos a persoas con deterioración cognitiva.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.