
Baixo o título “Más libre que nunca”, Miguel Lago continúa revolucionando o seu espectáculo unipersonal con novos textos e novas rutinas combinadas coa mellor escritura da súa carreira.
As entradas estarán á venda a través de Ataquilla.com e de xeito presencial na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello de Ribeira a partir do 30 de setembro ás 9:00 h. Miguel Lago presenta a última actualización do seu espectáculo LAGO Comedy Club en Ribeira o 27 de febreiro ás 20:30 h no Auditorio Municipal. O espectáculo, producido por Etiqueta Negra, conta coa colaboración da Concellería de Cultura.
Baixo o subtítulo “Más libre que nunca”, Miguel Lago continúa revolucionando o seu clásico espectáculo unipersonal con novos textos e
novas rutinas, combinándoos coa súa mellor escritura, reflexións de actualidade e anécdotas persoais. E faino cunha fórmula sinxela, todo co seu estilo inconfundible e unha mestura de humor agudo, intelixente e provocador, xunto coa enerxía e a química dun público que fai de cada actuación un evento único no que Miguel busca defender o monólogo cómico máis puro e sen complexos.
As entradas estarán á venda en liña a través de Ataquilla.com e tamén se poden obter en persoa na Oficina de Atención ao Cidadá do Concello de Ribeira a partir das 09:00horas do martes 30 de outubro.
Sobre Miguel lago
Miguel Lago é un humorista, actor e presentador español con máis de 25 anos de experiencia, coñecido polo seu estilo agudo, sarcástico e
irreverente. Desde o seu ascenso á fama en El Club de la Comedia, conquistou teatros e pantallas coa súa inconfundible voz cómica, demostrando que o riso é a súa mellor arma. Colaborador habitual de televisión e autor de programas de éxito, Miguel continúa reinventándose para ofrecer un humor intelixente, directo e sen concesións.
Información do evento
Artista: Miguel Lago
Espectáculo: LAGO Comedy Club: Más libre que nunca
Data: 27 de febreiro de 2026
Hora: 20:30
Lugar: Ribeira
Espazo: Auditorio Municipal
Entradas: Ataquilla.com e Oficina de Atención Cidadá do Concello de
Ribeira. Á venda desde o 30 de setembro ata as 9:00.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.