Thursday 02 de October de 2025

A Asociación Elas celebra o seu vixésimo aniversario cunha xornada centrada na violencia de xénero


· O evento celebrarase o sábado 4 de outubro na Senra, de 11:30 a 13:30 horas.

· Haberá un relatorio sobre o sistema Viogen e outra sobre a violencia de xénero no rural.

· Para participar é necesario confirmar asistencia.

A Asociación Elas e o Concello de Bergondo organizan o sábado, 4 de outubro, unha xornada centrada na violencia de xénero para conmemorar o vixésimo aniversario da entidade, que traballa pola igualdade de dereitos da muller.

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, será a encargada de inaugurar o evento, que se celebrará desde as 11:30 ás 13:30 horas. Seguiraa a presidenta de Elas, Carmen García Fernández, que fará un repaso á traxectoria da asociación durante estes 20 anos.

Logo chegará a quenda dos relatorios. A primeira, ás 11:45 horas, centrarase no Sistema Viogen e participarán Manuela Vilaboy Romero, da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña; e Carlota María Bellas Ferrín, Garda Civil da EMUME (Equipo de Muller e Menor) da Comandancia da Garda Civil. A segunda, ás 12:30 horas, estará centrada na violencia de xénero no rural e correrá a cargo de Rosa Arcos Caamaño, secretaria xeral e directora de proxectos de FADEMUR/FADEMUR Galicia.

Para participar na xornada é necesario confirmar asistencia previamente no teléfono 616 398 143 ou no correo electrónico elasasociacion@hotmail.com.

Deja un comentario