
● Actuarase en diferentes camiños das parroquias de Miño, Bemantes, San Xoán, Castro, Carantoña, Leiro e Callobre.
● Proximamente sairá a licitación un paquete de asfaltados na parroquia de Perbes, pendentes das autorizacións de ADIF.
O Concello de Miño acaba de publicar no perfil do contratante a licitación de diferentes proxectos, valorados en total en 234.000 euros, para a renovación dun total de 19 viais nas parroquias de Miño, Bemantes, San Xoán, Castro, Carantoña, Leiro e Callobre.
Os camiños que se renovarán son: dous na Torre (Sombreu); da AC-160 á ETAP; do Centro de Día á AC-160; na Viña, detrás da igrexa de San Xoán; na contorna da igrexa de San Xoán; de Couto a Rego de Andel (DP-4802); en Buíña; fronte á igrexa de Carantoña; en Currás (Castro); de entre camiños a Chao do Monte (Carantoña); en Coído (Leiro); en Ansimonde (Bemantes); e na parroquia de Callobre na Brea, Barbeita, Vigo de Arriba, Vigo de Abaixo (praza), Cachufeira e A Graña (desde casa rural a DP-0906).
Doutra banda, proximamente sairá a licitación un paquete de asfaltados na parroquia de Perbes, valorado en 48.000 euros, que inclúe: o camiño de baixada a Fonte dá Leira; o de Pena de Abaixo a Cruz; en Bolo; e o paralelo á vía do tren de Nigrofe a San Xoán. Estas actuacións están pendentes das autorizacións de ADIF.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.