
A sétima edición do Festival de Entes Animados (FESTEA) chega este domingo, 28 de setembro, a Miño. A compañía francesa Pelele representará ‘A morte de Don Cristóbal’ ás 13 horas no parque de A Rúa (se chove, terá lugar no Centro Social). A función é de balde.
A obra trata a vida de Don Cristóbal, un home que só vive para seguir aumentando a súa xa considerable fortuna. Pero a súa serventa, pobre, celosa e moitísimo máis fea vai inventar mil e unha artimañas para asasinalo, cortalo en anacos e facerse, por fin, coa súa inmensa fortuna.
A sétima edición do Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA) celebrarase un ano máis en 8 municipios da comarca de Ferrolterra: Ares, Fene, Ferrol, Miño, Mugardos, Neda, Valdoviño e Narón, espazos que acollerán a diferentes artistas e compañías internacionais durante as próximas semanas para presentar os seus espectáculos, que abarcan desde o teatro de monicreques de luva ata a narrativa teatral máis fascinante.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.