
· Trátase dunha das zonas infantís con maior uso do municipio e que se porá a punto coas actuacións municipais.
O Concello iniciou, esta semana, as obras de reparación do parque do Castelo. A execución destas tarefas contará cun investimento duns 10.000 euros cos que se porá a punto esta instalación, situada en pleno núcleo urbano.
A concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, apunta que esta área infantil é “unha das de maior uso por parte dos nenos e nenas, polo que resulta necesario resolver os desperfectos que presenta na actualidade e deixalo en perfecto estado de uso”.
Os labores consistirán na reparación daqueles elementos que estean danados, no cambio das escaleiras da torre e no arranxo do actual solo de caucho. A previsión é que as intervencións estean concluídas a próxima semana.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.