
· A programación teatral se desenvolverá entre o 27 de setembro e o 16 de novembro
· O festival achegará unha revisión crítica dos clásicos con diversas compañías no auditorio municipal
No día de hoxe presentouse FITAGAL 2025, que se trata dun novo certame que aposta pola diversidade de estilos, a revisión crítica dos clásicos e a promoción de compañías galegas e internacionais de teatro afeccionado.
Á presentación acudiron, Natividade González, deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Antía Alberte, concelleira de Cultura do Concello de Ribeira xunto a David Vázquez e Javier Fernández de FETEAGAL (Federación de Teatro Afeccionado de Galicia)
A concelleira de cultura informou que dende a Deputación xunto coa Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, propuxeron incluír esta mostra internacional en Ribeira; “da cal damos as grazas dende a concellería e a benvida, agardando gozar dos membros das diferentes compañías de teatro”.
Antía indicou que tódolos fins de semana dende o vindeiro sábado 27 de setembro até o domingo 16 de novembro se representarán as obras que van a ser de balde até completar aforo. O horario das representacións serán ás 20.00 horas e as portas estarán abertas media hora antes para coller a entrada.
Natividade González definiu a Ribeira coma “un epicentro cultural de moitísimos espectáculos que se fan ao longo do ano”. A deputada salientou a importancia de participar xunto coa Federación en proxectos tan interesantes e singulares coma este; “onde imos a ter unha gran variedade de compañías de diferentes lugares neste Festival Internacional de Teatro”.
González puxo en valor o teatro amador, “porque é esa outra cultura da que formamos parte, da que queremos ser e da que somos“. Para rematar convidou a todo o mundo para que se acheguen “a este gran auditorio de Ribeira”.
Javier Fernández, vicepresidente de Feteagal, sinalou que grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o FITAGAL poderá ampliar a súa programación e garantir a participación de grupos galegos, nacionais e internacionais, “este ano, o festival renova o seu nome e busca consolidarse como un referente do teatro amador en Galicia”. FITAGAL ten como obxectivo principal dar visibilidade ao teatro amador galego, promovendo espectáculos de diversa temática e ofrecendo ao público unha programación renovada cada ano. A cuarta edición do festival contará coa participación de: Fernández defendeu que tamén se presenta “como unha ferramenta clave para a promoción da lingua galega, fomentando o seu uso nas artes escénicas e favorecendo o diálogo cultural con outras comunidades e países”
Programación:
27 de setembro – Denigrantes Comediantes (Nigrán) Obra: “Amareite ata que te odie” Triloxía de amores improbables en clave de traxicomedia aceda. Duración: 60 minutos.
4 de outubro – EntreCajas Fusión Teatro (Santander) Obra: “Soños do Mar Negro” Dúas pezas curtas de Antón Chéjov que abordan a igualdade feminina a través da ironía e o humor. Duración: 75 minutos.
5 de outubro – Noite Bohemia (A Coruña) Obra: “A Casa de Bernarda Alba” O clásico lorquiano atemporal, cunha posta en escena intensa e respectuosa coa obra orixinal.
12 de outubro – Cardume Teatro (A Coruña) Obra: “As Galas do Defunto” Adaptación esperpéntica baseada na obra de Valle-Inclán, con elementos de Luces de Bohemia e Os cornos de don Friolera. Unha proposta irreverente e crítica.
16 de novembro – Thiassos Teatro (Universidade de Coimbra, Portugal) Obra: “Helena” de Eurípides Revisión do mito de Helena, que ofrece unha historia paralela á que provocou a guerra de Troia. Duración: 75 minutos.
Acto de clausura
O día 16 de novembro, tras a representación da obra Helena, realizaremos un acto de clausura no que queremos invitar ás autoridades locais e provinciais e entregar pequenos recoñecementos ás compañías participantes, como mostra de agradecemento pola súa colaboración e compromiso co festival. Será un momento simbólico e cordial para pechar esta edición con dignidade e espírito de celebración.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.