
• Cuestiona a paralización do proceso entre xullo do 2024 e setembro do 2025, cando dimitiu a responsable polas polémica relativa á entrega dunha das Medallas de Galicia
• A concelleira non adscrita pide que se acelere o proceso para a cobertura da praza e que se aclaren “o parón e o repentino desbloqueo” do proceso
Mila Castro preguntará ao goberno local polo proceso para a selección da praza interina de técnica superior de protocolo. Un proceso que permaneceu paralizado dende o 2 de xullo do 2024 ata o 4 de setembro do 2025, cando dimitiu a responsable ata ese momento, logo da polémica xerada relativa á entrega dunha das Medallas de Galicia. Precisamente, a súa dimisión produciuse despois de que a Alcaldesa sinalara ao seu departamento como responsable dunha confirmación de asistencia ao acto de entrega da Medalla a unha das galardoadas: un acto ao que finalmente decidiu non acudir.
Neste sentido, a concelleira non adscrita quere que se explique “o parón e o repentino desbloqueo” deste procedemento, xusto en datas posteriores á dimisión da responsable ata ese momento: “non se entende como un proceso destas características pode permanecer parado durante máis dun ano e, repentinamente, cando a praza queda baleira, se retome”.
A praza de técnica superior de Protocolo figura na Oferta Público de Emprego para o 2024. O 4 de xuño de 2024 Raxoi fixo público o anuncio de presentación de solicitudes para a lista de agarda, así como as bases reguladoras para a provisión interina. Porén, desde o 2 de xullo do 2024, cando se fixo pública a resolución da lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos no proceso para a elaboración da lista de agarda, non se produciu ningún avance ata un ano e dous meses despois, o 4 de setembro de 2025, cando se publicou a resolución definitiva de aspirantes: “un mes despois de terse producido a dimisión da xefa de protocolo ata ese momento”.
Ante este calendario, Mila Castro pide ao goberno local que explique se houbo cuestións políticas ou administrativas detrás desa dilación no proceso e reclama prazos concretos para a resolución definitiva do mesmo: “e hai cuestións que chirrían nos tempos que seguiu ata o de agora este proceso, polo que cómpre unha explicación”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.