Thursday 02 de October de 2025

Basket Ferrol impulsa unhas “xornadas de portas abertas” para a rapazada de Neda no pavillón municipal Ale de Paz


Basket Ferrol baralla poñer en marcha ao longo deste curso en Neda unha escola local de baloncesto, destinada a formar aos máis pequenos e pequenas da casa na práctica deste deporte. Como paso previo, convoca esta semana e a que vén, co apoio do Concello, unhas “xornadas de portas abertas” no pavillón municipal Ale de Paz.
Os martes e xoves de setembro, de 17:00 a 18:00 horas, os nenos e nenas da localidade, de entre 6 e 10 anos aproximadamente, están convidados a sumarse a esta proposta, coa que a entidade busca testar o interese real por esta iniciativa. Será nunhas tardes divertidas na que, ademais de ver xogar, a rapazada terá ocasión de mostrar a súa habilidade e botar uns tiros a canastra.
Desde o club animan a todas as familias interesadas en que os seus fillos e fillas se inicien no baloncesto a acudir a estas sesións, nas que poderán coñecer de primeira man o funcionamento da entidade e o ambiente deportivo que promove.

Deja un comentario