
A Casa da Cultura de Neda acolle o próximo venres pola tarde o segundo espectáculo que o VII Festival Internacional de Entes Animados traerá á vila. Trátase de “O urso que nâo era”, baseado no libro homónimo de Frank Tashlin, un clásico da literatura infantil. Toda unha aposta polo teatro de obxectos.
O protagonista da obra é un oso que, ao chegar o inverno, busca unha cova no bosque para hibernar. Un lugar sobre o que, meses despois, se constrúe unha gran fábrica. Ao chegar a primavera, o oso esperta e non sabe onde se atopa, porque todo cambiou. E tras ser descuberto, é obrigado a traballar como obreiro, por máis que insiste en que é un oso.
Trátase pois dunha comedia satírica, que fala da perda da identidade propia e da alienación do individuo, e na que falta o humor nin a crítica social. Dirixida polas portuguesas Márcia Leite e Filipa Mesquita, chega á vila a partir das 18:30 horas.
Será, como apuntabamos, a segunda proposta do festival, que arrincaba o pasado sábado en Neda con “As minhas mais…marionetas”, un impresionante espectáculo antolóxico da compañía lusa Trulé, que engaiolou ao público.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.